Xaneiro 2019

Photonics Explorer

PE – Rotación do plano de polarización de luz polarizada por azucres

O módulo 5 “A polarización” é unha das estrelas do kit Photonics Explorer – pola importancia do fenómeno da polarización da luz, polo sinxelo que resulta e tamén porque permite tratar moitos outros aspectos da práctica experimental, como as fontes de erros, a precisión de medidas, ou o concepto de concentración e dilución do azucre. A polarización é un dos fenómenos tratados nas prácticas recomendadas pola CiUG (Prácticas: Orientacións xerais novo (actualizado a 13/04/2018)), aínda de unha forma diferente. A relación coa práctica da CiUG será tema de outra entrada no blog. No módulo 5 o alumnado aprenderá a fabricar

Leer máis »
Xeral

Benvidas e benvidos ao novo blog de XuvenCiencia!

O blog diríxese aos participantes nas actividades de XuvenCiencia na aula e Xornadas XuvenCiencia, ao profesorado que utiliza algún dos nosos kits educativos e tamén ao profesorado en xeral interesado no tema da experimentación nas aulas do ensino secundario. Queremos ofrecervos un sitio para presentar as vosas opinións, experiencias, traballos do alumnado ou dúbidas e tamén para intercambiar melloras, axudas, detalles ou ampliacións dos experimentos dos kits ou doutros temas de interese para o profesorado. Invitámosvos a participar! Enviádenos as vosas ideas e experiencias no formato que queirades – xa lle daremos forma para publicalo neste blog – incluíndo fotos,

Leer máis »