As rapazas e rapaces experimentaron cómo facer a disección dunha troita para aprender a súa anatomía e ver posibles lesións. Tamén animáronse a estudar órganos de mamíferos vendo as peculiaridades dos pulmóns e o corazón.
Coa ficha de probas de diagnóstico rápido atrevéronse a facer preparacións de sangue, raspados de pel, squashes de tecidos… que eles mesmos tinguiron e puideron observar ao microscopio.
Finalmente, o traballo cos casos “Animal CSI” foi moi productivo, xa que fixeron a observación dos mesmos ao microscopio, os estudaron, buscaron a información para resolvelos e os expuxeron aos compañeiros, completando unha metodoloxía de aprendizaxe moi útil e aplicable.