Animal CSI: O método do caso

Tamén coñecido como estudo de casos, trátase de aprender grazas ao estudo dunha situación concreta chegando á busca de solucións eficaces a problemas específicos

O método do caso complementa un marco teórico e é moi efectivo para a aprendizaxe por múltiples razóns:

  • Fomenta o desenvolvemento do xuízo crítico e a toma de decisións.
  • Promove o traballo en equipo e a participación nas aulas.
  • Impulsa a creación de metodoloxías propias para a resolución de problemas.
  • Motiva, responsabiliza e axuda ao desenvolvemento de competencias transversáis (comunicación, síntese, espírito crítico…).

Para deseñar un caso práctico hai que crear unha historia crible arredor dun problema real, chamando a atención sobre temas de importancia. Antes de crear o caso debemos ter en conta a quen vai dirixido e definir de forma clara os obxectivos. É dicir, cal é o noso propósito ou que é o que queremos que se aprenda. É moi importante facer un seguimento do progreso da actividade, ben sexa mediante preguntas ou establecendo pequenas metas. Finalmente, hai que definir un método de avaliación que se explicará xunto coa presentación do caso.

No kit Animal CSI propomos 8 casos misteriosos reais. Cada un dos casos ten unha historia, composta por un breve texto e un número variable de fotografías, que acompaña ás preparacións de tecidos tinguidas para ser vistas ao microscopio. No estudo destes casos será moi importante a busca e contraste de información, non só con procuras en fontes bibliográficas, senón a través de discusións grupais polas redes sociais, blogs…

Tedes resolto algún dos nosos casos? Sabedes cómo se puideron producir as lesións que víchedes? Coñecedes ao “culpable” deses casos? Contádenos as vosas experiencias!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *