Benvidas e benvidos ao novo blog de XuvenCiencia!

O blog diríxese aos participantes nas actividades de XuvenCiencia na aula e Xornadas XuvenCiencia, ao profesorado que utiliza algún dos nosos kits educativos e tamén ao profesorado en xeral interesado no tema da experimentación nas aulas do ensino secundario.

Queremos ofrecervos un sitio para presentar as vosas opinións, experiencias, traballos do alumnado ou dúbidas e tamén para intercambiar melloras, axudas, detalles ou ampliacións dos experimentos dos kits ou doutros temas de interese para o profesorado.

Invitámosvos a participar! Enviádenos as vosas ideas e experiencias no formato que queirades – xa lle daremos forma para publicalo neste blog – incluíndo fotos, debuxos e incluso, por que non, algunha fórmula se fai falta!

O blog céntrase no proxecto do FECYT “XuvenCiencia – Fago, logo aprendo” dirixido ás actividades co profesorado de ensino secundario, pero no verán tamén informará das actividades do Campus de Verán XuvenCiencia.

Unha aperta,

o equipo XuvenCiencia!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *