Ciencia e ficción, un combo invencible (Vol. III – Cinema)

A televisión e a literatura son grandes canles nas que a ciencia atopa facilidades para chegar a públicos masivos e, ademais, dende o principio das súas existencias. Para rematar esta reportaxe tríptica, esta entrega final abordará o cinema como divulgador de descubrimentos, investigacións, teorías e un longo etcétera

Por: Nicolás Carreira Pena

Desde os inicios das imaxes en movememento o ser humano foi quen de anexionar un interese pola ciencia a un xa de por si avance tecnolóxico como era o cinema. A física detrás do propio mecanismo permitiu que moitos directores e directoras soñasen a comezos do século XX co que medraría ata converterse nun dos xéneros máis logrados e rentables da industria actual: o cine de ciencia ficción.

Como xa ocurría con outros soportes culturais divulgadores como os libros, as bandas deseñadas ou as series de televisión, cando se fala de películas é preciso distinguir entre aquelas que toman a ciencia como materia para traballar (digamos un cine empirista, que se centra en disciplinas que coñecemos) ou a que utiliza o terror ou misticismo camuflado como ciencia (o que se lle podería chamar cine transcendentalista). Esta división establécea Vivian Sobchak, teórica e crítica cultural especializada en ciencia ficción.

Humanidades e Ciencias Sociais

Ademais disto,  o cinema recolle o fío tendido na literatura desta corrente como a de H. G. Wells para realizar crítica social e introducir outras ramas de coñecemento ligadas a Humanidades ou Ciencias Sociais, admitindo estas áreas de estudo como parte do corpus xeral de Ciencia e da que, segundo a Academia, fan parte por si mesmas. As películas de ficción científica tamén acostumaron ollar cara ao futuro mesmo antes de chegar a cor ás cámaras e, non en poucas ocasións, adaptaron libros que xa foran sensacións e fitos culturais.

Metrópolis (1927) - Filmaffinity
Fotograma de ‘Metrópole’
O principio do futuro

As primeiras curtametraxes aínda en branco e negro que viron a luz arredor do ano 1910 xa amosaban un interese inusitado polo futuro e descubrimentos científicos pioneiros. Georges Méliès considérase o primeiro director que olla cara ao espazo e logra ubicar alí unha cinta, sendo esta Viaxe á Lúa (famosa polo fotograma dun foguete espacial aterrado nun ollo da Lúa). A esta obra seguírona adaptacións de FrankensteinO Dr. Jekyll e Mr. Hyde e, uns anos despois, 20.000 légoas de viaxe submarina. Precisamente, a raíz da entrada na década dos 20 do século pasado, moitos cineastas atoparon na ciencia ficción un camiño para realizar predicións e crítica social de xeito sutil.

Nos cadernos de Historia cóntase como o inicio deste xénero cinematográfico a estrea do filme Metrópole de Fritz Lang, unha superprodución da época que foi capaz de mesturar aspectos científicos con valores humanos e unha visión da perversión da sociedade a man da tecnoloxía.

Coa chegada do cine sonoro no 1930, os estudos de Hollywood apostaron por seriais de tipo B que seguiran aventuras de pouco valor científico. Desta época destaca o cambio de modelo de inversión a raíz da estrea de King Kong, unha cinta que afonda no estudo antropolóxico e evolutivo que, sendo parte da Ciencia, non tiña sido divulgado co mesmo espírito que aquelo relacionado co espacio (a obsesión do momento, pois Darwin xa o fora tempo atrás).

FOTOGRAMA (Viaje a la luna) | Diccineario
Fotograma de ‘Viaxe á Lúa’
Un novo presente

Coa chegada dos efectos especiais e outras técnicas na década dos 60, tamén melloraron as historias e os campos de divulgación que o cinema podía abarcar. Debido ao auxe do xénero musical, a ciencia ficción viviu unha época de baixa producción en comparación a anos previos pero, pola contra, definiuse moito mellor o estilo grazas a obras mestras que si foron estreadas.

Así como Hollywood vivía os últimos anos da Época Dourada e os coletazos do sistema de estudios eran capaces de producir aínda grandes novos cineastas (que cristalizaron como os mellores dunha época ata a actualidade), a ciencia ficción concentrou esforzos e ao longo dunha década chegaron os filmes definitorios 2001. Odisea no Espazo de Stanley Kubrick, Fahrenheit 451 de François Truffaut (adaptación da novela de Ray Bradbury), O planeta dos simios de Franklin J. Schaffner, Alphaville de Jean-Luc Godard e Barbarella de Roger Vadim.

O novidoso desta fornada de filmes é o inusual estudo científico, técnico e filosófico que agochan en cada fotograma. O plantexamento da aventura dun heroe ou a finalidade dunha peripecia atopan nestas cintas unha nova dimensión na que se cede un oco á reflexión, o existencialismo, retratos realistas e unha épica de trasfondo que superaba o mero desenlace. A diferencia do que acontece na televisión e literatura, o cinema é escenario dunha mistura de dogmas de coñecemento desde a súa orixe, é dicir, ao falar de Ciencia tanto as Sociais como as Humanidades teñen cabida e dotan de profundidade a distintos descubrimentos científicos.

2001: Una odisea del espacio', de Stanley Kubrick
Fotograma de ‘2001: Unha odisea do espacio’
Camiño á actualidade

O cinema de ciencia ficción perdeu paseniñamente os matices máis fantásticos para incluír, de xeito liviano, aspectos filosóficos e metafísicos que impulsaban as ideas e teorías xa probadas na vida real. A Ciencia comezou a interesarse polos coñecementos da historia, a evolución, a existencia a paranoia, as enfermidades mentais, os colapsos ecolóxicos, o exceso de instrumentalización e avance tecnolóxico ou a obsolescencia do ser humano, entre outros temas que entroncan ciencia e filosofía.

Esta ligazón xurdida entre ambos mundos é difícil de quebrantar ata as películas actuais, pois moitos fitos do xénero foron creadas nestas décadas e tiñan como referentes outras grandes obras que acadaron o sobre nome de “obras de culto”. As grandes preguntas comenzaron entón a ser liña argumental de ficción e interese de estudio científico. Quenes somos? cara onde nos diriximos? isto é a realidade? hai un Deus? estamos determinados por un destino fixado?

Unha das primeiras cintas, que ademais caeu no olvido, sobre este tipo de cuestións enraizadas foi Trog do ano 1970, onde unha antropóloga ou primatóloga (coa revisión debida do oficio que deu o tempo) atopa unha sorte de eslabón perdido da evolución humana e, sen querer, xera vínculos maternais e emocionais no proceso de educar a este simio. As confluencias de psicoloxía, antropoloxía, historia, educación e socioloxía estaban dirixidas por estudos que falaban, naquel entón, da aprendizaxe da linguaxe ou a xeración de vínculos ínter especie.

Trog! movie review & film summary (1970) | Roger Ebert
Fotograma de ‘Trog’

Desde os anos 70 ata o cambio de milenio, o cine de ficción científica acadou grandes estadios de popularidade pola versatilidade e verosimilitude dos seus argumentos. Aínda que a fantasía fose motor na maioría dos casos, a irrupción de moitas ficcións nas rutinas sociais mudaron a percepción de elementos como a seguridade, a existencia ou as crenzas relixiosas. Ademais disto, as películas lograron infiltraron multitude de novas terminoloxías e teorías como camiños para a investigación do corpus xeral da Ciencia.

Palabras como ‘ultraviolencia’, creada por Anthony Burguess na súa novela A laranxa mecánica, tomaron forma física nas adaptacións fílmicas e plasmaron unha nova realidade sociolóxica, como a da “violencia pola violencia”. Este renovador universo fílmico considérase que foi inaugurado por Solaris de Andrei Tarkovsky, dotando á ciencia ficción dunha dimensión humana e reflexiva poucas veces acadada anteriormente.

A nova vaga

A nova vaga que chegou ata o cambio de milenio tratou temas políticos ou de crítica a través de motores científicos, como bo exemplo son as entregas da saga Star Wars de George Lucas. A forza dos jedis e toda a tecnoloxía esconde, en realidade, tramas de ciencia política e coñecementos de física e electrónica que toman unha forma. Seguindo os exemplos previos, nestas décadas tamén se estrearon títulos como Westworld de Michael Crichton, Encontros na terceira fase de Steven Spielbgerg, Alien Blade Runner de Ridley Scott, Dune de Frank Herbert, RoboCop de Paul Verhoeven ou Terminator de James Cameron.

A medida que a década dos 90 avanzaba, un novo interese pola fin do mundo e unha transformación dixital da cultura punk apoderábanse dos discursos sociais e, en certo modo, contaminaban as investigacións científicas. A apartición da World Wide Web xerou un interese polo concepto de home-computadora, así como unha visión catastrofista en chave de escalada bélica, armas de destrucción masiva, experimentación xenética descontrolada ou invasións extra planetarias.

Desta época final herdamos conceptos aínda vixentes, como o da debilidade do home ante unha tecnoloxía excesiva ou a precaución cos experimentos naturais. Algúns títulos a destacar son Total recall de Paul Verhoeven, Abre os ollos de Alejandro Amenábar, Armageddon de Michael Bay, Gattaca de Andrew Niccol, Independence Day de Roland Emmerich, Parque Xurásico de Steven Spielberg e, sobre todo e por impacto a nivel popular, The Matrix das irmás Wachowski.

The Matrix 4: Teorías sobre la posible trama de la película - CNET ...
Fotograma da película ‘Matrix’
Cinema de hoxe, ciencia de mañá

Coa chegada do terceiro milenio tamén foron medrando novas preocupacións e lecturas que retomaban o espírito científico (de amplo significado pola natureza de quen o protagonice) e afastaban os trasfondos filosóficos. Aconteceu a cotío que os problemas destas películas radicaban sobre futuros non moi lonxanos e presentes alternativos (distopías) que, a causa dun problema actual e solventable, mostraban unha humanidade debilitada. Pero, como consecuencia deste novo cambio no xénero, afloraron competencias no mercado a causa da auxe do cine de superheroes e fantasías.

As temáticas expresadas nas olas previas á actual atoparon nestes últimos 20 anos unha vía de reinterpretación grazas aos novos medios dispoñibles polo avance tecnolóxico. O espazo exterior, as mutacións xenéticas e a intelixencia artifical son recurrentes pero experimentados desde diferentes ópticas, pero tamén medra o interese polo ecoloxismo, a supervivencia das especies, os desafíos sociais, a comunicación extraterrestre ou o cambio da existencia física a unha virtual.

Máis aló das framquicias

Ademais das secuelas das sagas Matrix, Star Wars, Mad Max, Parque Xurásico O planeta dos simios, estas dúas décadas recolleron títulos como Intelixencia ArtificialMinority Report de Steven Spielberg, Fillos dos homes Gravity de Alfonso Cuarón, Avatar de James Cameron, InceptionInterstellarOrixe de Christopher Nolan, The Martian de Ridley Scott, O atlas das nubes das irmás Wachowski, Tron Legacy de Joseph Kosinski, A forma da auga de Guillermo del Toro, Ex Machina de Alex Garland e A ChegadaBlade Runner 2046 de Denis Villeneuve.

Nesta fornada de filmes pódese atopar unha nova abordaxe científica sobre o uso da topografía, a filoloxía, a filosofía, a economía ou a teoría evolutiva, entre outras tantas doutrinas hábiles de ser utilizadas. Existe, na cronoloxía que trazamos ao longo desta reportaxe, unha evolución do propio xénero e un interese por fundir distintos coñecementos nunha soa experiencia artística. O cine confirmouse durante máis dun siglo como un motor de divulgación de Ciencia pero tamén como impulsor de pensamento deductivo, de orixe de ideas para laboratorio, e como representante de realidades sociais como o rol da muller no ámbito investigador, os poderes empresariais detrás da tecnoloxía ou a simboloxía política detrás dun descubrimento.

Arrival': crítica de la película protagonizada por Amy Adams ...
Fotograma de ‘A Chegada’

 

(Publicado orixinalmente en XuvenCiencia Magacine)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *