Carmen Real, do departamento de Física e Química do instituto Xoán Montes, da cidade de Lugo, é unha das docentes que participa este curso no Convivio de Ciencia de XuvenCiencia, un proxecto que conta co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) e a colaboración do Servizo de Formación do Profesorado, CAFI e CFRs da Xunta de Galicia.
Cóntanos Carmen Real no seu informe que vén de empregar o kit Fotometrix, o noso fotómetro móbil, cun grupo de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria. Trátase de alumnado da materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional (CAAP). Quixeron usar o kit de experiencia investigadora para determinar o contido de proteína tanto en leite como en distintas bebidas vexetais.
Podedes ver nestas fotografías como se desenvolveu a práctica no instituto Xoán Montes:
Destacaría lo siguiente:
– El interés por parte del alumnado sobre la propuesta y la atención en las primeras clases sobre la técnica en que se basaba y sobre el objetivo que se pretendía.
– El trabajo del alumnado en el laboratorio: trabajaron muy bien en la parte práctica, siguiendo las pautas sugeridas para una buena toma de datos, lavado y manejo de las cubetas, repetición de las medidas, anotación de todo en el cuaderno de laboratorio, etc.
– Buen clima de trabajo en grupo, con el reparto de tareas bien organizado para la utilización del material por parte de todos los alumnos.
– Hay que tener en cuenta que es un alumnado de 4º de ESO y, dentro de lo que cabe, la experiencia ha sido positiva: mi objetivo era la puesta en práctica del método científico con el uso de una técnica experimetal de laboratorio, así que, aunque hay aspectos mejorables, en general estoy contenta con el trabajo que han hecho.
Carmen Real confesa que ao principio estaba un pouco preocupada coa parte da toma de datos e da análise. O seu proceder para levar adiante estes aspectos que consideraba que podían ser un pouco máis complexos para a rapazada de CAAP foi tirar da interdisciplinariedade e aproveitar que neste terceiro trimestre do curso o seu alumnado estaba a traballar tamén con datos eo seu tratamento (Calc, elaboración de gráficas) na materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). Así, en colaboración co profe de TIC, Carmen e os/as estudantes de CAAP desenvolveron o proxecto co kit Fotometrix.
Lembrade que o kit Fotometrix ‘Análise Fotométrica do Contido de Proteína» ten como obxectivo familiarizar o alumnado coa análise química e bioquímica utilizando unha ferramenta de amplo uso como é o fotómetro e aplicándoa á determinación analítica da proteína contida nun alimento.