RM – RescueMe!! …ou pérdeme para sempre…

A escolla era doada e todos os docentes que participaron non dubidaron en proceder a rescatar a memoria. Organizaron actividades para que o alumnado dos seus centros se decatara de que tamén eles poden ser protagonistas da historia. Acabouse o de pensar que a historia se reduce a memorizar nomes de reis e de datas de guerras e a identificala só con política e economía. Benvidos a historia social!!! Aquela na que o pasado de cada quen importa. E non había!!! Todas as familias teñen no seu poder, o saiban ou non, unha peza do quebracabezas que é o pasado….Que non sabes onde están a túa? A resposta é doada: pregunta e escoita ós teus avós ou a calquera persoa maior da túa contorna. A súa memoria é a ferramenta coa se pode recompoñer o pasado.

Aínda na lembranza máis pequena hai moita información. Sábeno ben as rapazas e rapaces que realizaron a actividade proposta polo profesorado que se apuntou ó RescueMe!! Mozos coma Miguel, da Pontenova, que recolleu a testemuña de seu avó sobre diferentes festas e modos de festexar en Aragón, o seu lugar de orixe. Grazas a esta conversa realizada co Kit Educativo proporcionado por Xuvenciencia, Miguel coñeceu mellor ó seu avó, pero todas e todos nós sabemos máis sobre asuntos non menores do tipo de como era nos anos setenta a sociabilidade da xuventude de entón, que queda demostrado que se diferenciaba en razón do xénero e en razón da idade. Dá para tanto a súa testemuña!!! Podemos sacar información sobre as músicas, os instrumentos e as cantigas; sobre a alimentación nos festexos; sobre o feito de mocear naquela altura, etc. etc. E todo isto daría para realizar unha comparación entre Aragón e Galicia (que seica temos maios e romarías igual!!) e facer unha comparativa con como cambiaron hoxe en día as cousas.

Deixámosvos un pequeno fragmento da testemuña!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *