Kits

O sensor Fotometrix
Fotometrix

Fotometrix: o novo fotómetro de XuvenCiencia – pequeno pero matón!

O novo kit Fotometrix “Análise Fotométrica do Contido de Proteína” do grupo XuvenCiencia ten como obxectivo familiarizar o alumnado coa análise química e bioquímica utilizando unha ferramenta de amplo uso como é o fotómetro e aplicándoa á determinación analítica da proteína contida nun alimento. A parte central do kit é o novo fotómetro móbil baseado no micro-controlador Arduino e a impresión 3D, que realiza as medidas de absorbancia cunha precisión sorprendente para o seu tamaño e custo. A fonte de luz é un LED de alta potencia que emite tres cores: vermello, verde e azul. A luz do LED atravesa

Leer máis »

PE – É valida a aproximación utilizada na práctica de interferencia e difracción proposta pola CiUG?

A determinación da  lonxitude de onda dun láser a partir das medidas dos patróns de interferencia nunha rede de difracción é unha das prácticas propostas polo Grupo de Traballo de Física da CiUG. É un experimento sinxelo e moi didáctico que se pode realizar facilmente na aula co material do Photonics  Explorer do Grupo XuvenCiencia.   A lonxitude de onda do láser determínase a partir da distancia entre as posicións do máximo central e do primeiro máximo de interferencia (ou da mitade da distance entre os dous máximos lateraís).   Na figura observamos dous triángulos semellantes: a relación entre a

Leer máis »
Photonics Explorer

PE – Experiencias co kit Photonics Explorer no IES Ribeira do Louro de O Porriño

No IES Ribeira do Louro de O Porriño levamos dúas sesións de traballo co kit Photonics Explorer na materia de Física de 2º Bacharelato. Na primeira sesión determinamos a lonxitude de onda do láser do kit empregando unha rede de difracción de 527,5 liñas/mm que forma parte do equipamento do noso laboratorio. (A rede do kit Photonics Explorer ten 1000 liñas/mm e pódese usar tamén.) Trátase dunha das prácticas de Física propostas para as ABAU  (Interferencia e difracción) http://ciug.gal/PDF/pracorientfisica18.pdf Modificamos a distancia “D” da pantalla ó láser e medimos a distancia “y” entre o máximo central e o primeiro máximo

Leer máis »
Mapa dos kits
Xeral

Cada vez somos máis!! Descubre onde se atopan os kits XuvenCiencia na aula

Desde o mes de febreiro de 2016 o Grupo XuvenCiencia entregou máis de 130 kits a profesoras e profesores de centros distribuídos polas catro provincias galegas Neste mes cómprense tres anos da II Xornada XuvenCiencia para profesorado na que presentamos por primeira vez os kits XuvenCiencia na aula. Os máis de 30 asistentes que nos acompañaban naquela data coñeceron de primeira man esta acción que se iniciou a modo de expansión do Campus de Verán XuvenCiencia para chegar a un maior número de alumnas e alumnos de ensino medio. A xornada incluíu a presentación en Galicia do kit Photonics Explorer,

Leer máis »