Obradoiro de Medios

A televisión e a literatura son grandes canles nas que a ciencia atopa facilidades para chegar a públicos masivos e, ademais, dende o principio das súas existencias. Para rematar esta reportaxe tríptica, esta entrega final abordará o cinema como divulgador de descubrimentos, investigacións, teorías e un longo etcétera

Por: Nicolás Carreira Pena

A pequena pantalla converteuse xunto coa literatura e o cine nun importante medio de transmisión do coñecemento científico. Nesta reportaxe afondaremos nas series e programas do xénero da ciencia ficción (e da ficción sobre ciencia), entre os cales están clásicos como Star Trek ou Doctor Who, que acadaron grandes audiencias durante décadas

Por: Lucía Blanco Fernández

Hoxe en día é raro o ano no que as salas de cine non reciben unha película (como mínimo) de superheroes ou fantasía. Magos, diaños, robots... Moitas son as criaturas e situacións que o ser humano ten imaxinado, incluso con séculos de antelación a inventos reais. Nesta reportaxe tríptica, afondaremos na relación entre a ciencia real e a ciencia ficción, unha simbiose cultural que, ben analizada, é divulgación científica

Por: Nicolás Carreira Pena

Subscríbete ao blog!

Introduce o teu correo electrónico para recibir boletíns de novas do blog e das actividades de XuvenCiencia.
Unicamente o empregaremos con este propósito e non lles pasaremos os teus datos a terceiros.