Experiencias co kit VitroPlant nos centros: montaxes de cámaras de cultivo

Ao longo destes meses desenvolvéronse varias das actividades propostas no kit VitroPlant. Amosámovos algúns resultados para que vexades o traballo tan marabilloso que están facendo nos centros!!

No IES María Casares de Santa Cruz, dentro da actividade 1 do kit VitroPlant, viron como comezaba a agromar unha xema nun segmento de rama de castiñeiro sometido a “forzado” en cámara de cultivo.

Ademáis, foron varios os centros que compartiron connosco cómo fixeron as cámaras de cultivos nos seus centros.

En Lugo, no IES Muralla Romana, montaron a cámara de cultivo con luces LED (6000 K). No IES Nosa Señora dos Ollos Grandes tomaron imaxes do montaxe da cámara co temporizador analóxico para o enchufe. No IES de Becerreá ensináronnos como adecuaban a temperatura da sala grazas ao uso dun calefactor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *