Bule pola derradeira praza!!!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin

Logo das tres fases de matrícula ordinaria queda unha única e derradeira vacante para participar no Campus de Verán XuvenCiencia 2021. Facemos un chamamento ás persoas que están na listaxe de agarda da terceira convocatoria, que se pode consultar na seguinte ligazón:

  1. Se estás interesado/a en ocupar esa derradeira praza, escríbenos un correo electrónico a xuvenciencia@usc.es.
  2. Tes de prazo ata o domingo ás 23.59.
  3. Escribe unicamente o teu nome (sen apelidos) e o número do teu código postal.
  4. De entre todas as mensaxes que recibamos sortearemos a derradeira vacante.

Sorte a todo o mundo!