Consulta o programa para ver os horarios.

Coñecer as vantaxes do emprego da madeira na construción das nosas cidades e as múltiples posibilidades das que dispoñemos.
Aprender a combater os insectos pragas dun xeito respectuoso co medio ambiente producindo e liberando inimigos naturais.

Coñecer un hospital veterinario e “xogar” a ser veterinari@s no laboratorio de habilidades clínicas.

Coñecer as tecnoloxías do futuro: realidade aumentada, enerxía das ondas mariñas e control de brazos robóticos

Nesta visita ides a coñecer o magnifico patrimonio histórico e cultural da cidade de Lugo.

Experiencia aberta de teatro na Aula de Teatro da USC no Campus de Lugo

Coñecer as carrachas que podemos atopar en Galicia e as enfermidades que poden transmitir a través do desenvolvemento dun caso clínico.

Experiencia aberta de danza no Espazo de Danza da USC no Campus de Lugo

Explora a importancia dos mosquitos na transmisión de enfermidades a persoas e animais. Identifica os que transmiten e os que non. Constrúe as túas propias trampas e aprende a identificalos.

Achegar aos máis novos ao mundo dos coidados

Exploraremos os microbios presentes na boca, nariz e orellas, así como antes e despois do lavado das mans, para descubrir cantos hai, como varían e por que é importante hixienizarse.

Visitamos empresas de Lugo para ver o proceso industrial.

Iniciarse no manexo de PLCs mediante a conexión de sensores e actuadores e a creación de programas básicos. Interactuar cos coidadores robóticos que nos acompañarán no futuro.

Obter unha visión xeral da análise sensorial aplicada a alimentos e comprobar as interrelacións existentes entre os órganos dos sentidos mediante cata.

Entrar no mundo da videocreación a través da preparación de guións, da expresión corporal e dos aspectos máis técnicos (imaxe e son).

Descubrirás o valor das probas bioquímicas en diversas áreas, dende a detección de fraudes na información nutricional dos alimentos ata a súa aplicación en diagnósticos clínicos cruciais e a identificación do noso grupo sanguíneo.