A03 XuvenFeira: Tecnoloxías do futuro na EPSE. Modelaxe dun convertedor de enerxía mariña en canle de ondas, Areeiro de realidade aumentada e Brazos robóticos

Obxectivo
Coñecer as tecnoloxías do futuro: realidade aumentada, enerxía das ondas mariñas e control de brazos robóticosLugar de realización
Nave de Hidráulica, pavillón 3 EPS de Enxeñaría | Laboratorio de instrumentación, pavillón 3 EPS de EnxeñaríaDescrición
Enerxías mariñas: modelado físico de convertidores undimotrices
As persoas participantes poderán coñecer de primeira man os procedementos actuais empregados na investigación punteira en enerxías mariñas para optimizar o deseño de convertidores de enerxía undimotriz. A través da súa modelaxe física nun canle de ondas, simularase o comportamento destes dispositivos en condicións reais de ondaxe, achegando a enxeñaría oceánica de forma práctica e visual.
Simulador interactivo de mapas topográficos en 3D
Seguindo un modelo desenvolvido na Universidade de Davis, presentarase un simulador de mapas topográficos en 3D interactivo, que se actualiza en tempo real cando o usuario manipula o terreo. Ademais, poderase simular a escorrentía de augas provocada pola chuvia, permitindo entender de maneira lúdica e intuitiva procesos fundamentais da hidroloxía e da xeografía.
Robótica aplicada: introdución ao manexo de brazos robóticos
Nesta actividade, as persoas asistentes poderán experimentar de maneira práctica cos fundamentos da robótica aplicada. A través da programación e do control de brazos robóticos, explorarán os principios básicos do movemento automatizado e a súa aplicación en diferentes ámbitos da enxeñaría e da industria.



