A08 Como se fai? Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR)

Obxectivo
Visitamos empresas de Lugo para ver o proceso industrial. CIAR
Lugar de realización
CIAR, Rozas, Lugo
Descrición
Visitaredes o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) que está situado en Castro de Rei (Lugo). Este Centro é unha iniciativa conxunta do INTA, a Xunta de Galicia mediante a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), e o actual Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU). Tratase dun Centro de Ensaios pioneiro onde se pretende integrar tanto as Plataformas Aéreas de Investigación (PAI) como os novos desenvolvementos con avions non tripulados (UAS, Unmanned Aerial System), nun centro de investigación que ofrece as infraestruturas e equipamentos en terra necesarios para o desenvolvemento das aeronaves e a evaluación das campañas a realizar coas mesmas, de modo que se poidan levar a cabo os voos de forma eficiente e segura. O aeródromo de Rozas ofrece un emplazamento privilexiado, xa que os avions non tripulados só poden voar en espazo restrinxido. Os avions non tripulados presentan un gran potencial de crecemento, debido ao amplo abano dos seus posibles usos: vixilancia contra incendios, recollida de imaxes, control de fronteiras e do tráfico aéreo, xestión de desastres ecolóxicos e control medioambiental, actividades pesqueiras, verquidos no mar, etc. A isto súmanse as suas ventaxas sobre os avions convencionais (tempo de voo, consumos, tamaño, etc.), polo que constitúen unha peza fundamental para manter as capacidades de desenvolvemento tecnolóxico do sector aeronáutico a corto/medio prazo.