A05 Taller aberto de teatro. Atrévete a cruzar a porta!

Obxectivo
Experiencia aberta de teatro na Aula de Teatro da USC no Campus de Lugo.
Lugar de realización
Aula de Danza e Teatro (Facultade de Veterinaria)
Descrición
A Aula de Teatro da USC en Lugo darache a oportunidade de formarte, experimentar e crear. Esta actividade é unha sesión aberta de teatro para descubrir e abrirche as portas dun mundo onde poder experimentar coas emocións, co poñerse na pel do outro, cos espazos, coas atmosferas... Xa que pasas, abre as portas da túa imaxinación!