A15 Explorando o Mundo Invisible: Obradoiro de Bioquímica para mozos e mozas curiosos

Obxectivo
Descubrirás o valor das probas bioquímicas en diversas áreas, dende a detección de fraudes na información nutricional dos alimentos ata a súa aplicación en diagnósticos clínicos cruciais e a identificación do noso grupo sanguíneo.
Lugar de realización
Laboratorios de la Facultade de Ciencias
Descrición
Únete a nós nunha aventura científica onde exploraremos o apaixonante mundo da bioquímica a través de tres obradoiros dinámicos e prácticos.
No primeiro taller, empregaremos o método de Lowry para analizar a concentración de proteínas no leite e comparala coa de bebidas vexetais, mentres verificamos a precisión das etiquetas de composición nutricional.
No segundo obradoiro, adentrarémonos no fascinante mundo das proteínas presentes no soro sanguíneo mediante electroforesis, o que nos brindará a oportunidade de visualizar a súa diversidade e entender a súa importancia no diagnóstico clínico.
Por último, mergullarémonos na determinación dos grupos sanguíneos utilizando técnicas de aglutinación con anticorpos. Isto proporcionaranos unha comprensión máis profunda da relevancia da compatibilidade sanguínea en procedementos médicos como as transfusións, así como da valiosa achega cidadá aos bancos de sangue.
Non deixes pasar esta oportunidade de descubrir a ciencia en acción e de espertar a túa vocación científica nun ambiente divertido e educativo!