Youtubeiros científicos e o poder da divulgación

Obxectivo
Coñecer a importancia que ten a comunicación da ciencia fóra dos laboratorios e aprender a facer divulgación científica en YouTube.
Lugar de realización
Campus XuvenCiencia
Descrición
Neste obradoiro aprenderemos a facer unha comunicación da ciencia sinxela e accesible para todos os públicos, así como a empregar ferramentas web para elaborar un vídeo divulgativo para YouTube.  
En primeiro lugar achegarémonos a algunhas novas plataformas de divulgación (Twitch, YouTube, Instagram) para ver de que xeito se fai na actualidade a divulgación da ciencia. Despois, aprenderemos a empregar ferramentas de edición de vídeo, elaboración de infografías e animacións sinxelas. Finalmente seremos quen de poñer en práctica todo o aprendido creando o noso propio contido divulgativo nun vídeo de YouTube que transmita ó público xeral o noso proxecto de Xuvenciencia.
Palabras chave
Comunicación da Ciencia; YouTube; Vídeos