Curvas e máis curvas – entender e facer representacións de datos

Obxectivo
Aprender a representar datos con follas de cálculo
Lugar de realización
Aulas de informática. Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Descrición
Ler de forma crítica representacións de datos é crucial e é unha das competencias que debemos adquirir na nosa formación. E a mellor forma de entender os gráficos é facelos nos mesmos! Imos traballar cos datos reais da pandemia das entidades oficiais como o Ministerio de Sanidade ou a OMS e calcular e representar diferentes curvas: os casos novos por día, os casos acumulados, a velocidade da infección, o crecemento exponencial e outros. Compararemos os datos para diferentes autonomías e países. Publicaremos as vosas gráficas no magacine do Campus.
Palabras chave
Follas de Cálculo; Datos;
Responsable(s)
Wajih Al-Soufi