Luces, cámara e divulgación!

Obxectivo
Dar a coñecer os nosos proxectos de Xuvenciencia para o público xeral mediante a creación dun vídeo de divulgación científica.
Lugar de realización
Aulas de informática do Campus de Lugo
Descrición
O último día do campus terá lugar a entrega de premios do Festival de Vídeos de XuvenCiencia e o teu grupo pode ser o gañador! Como? So tes que poñer en práctica todo o aprendido sobre a comunicación científica e facer un vídeo divulgativo no que contedes de xeito sinxelo en que consiste o voso proxecto de XuvenCiencia. Teredes á vosa disposición equipos informáticos, recursos en liña e ferramentas de edición de vídeo para poñer en xogo toda a vosa creatividade e contarlle ó mundo porque o voso proxecto merece ser coñecido. Os vídeos que fagades subiranse á canle de YouTube de XuvenCiencia e poderán ser presentados ó Premio YouTubeir@s. A que agardas? Luces, cámara e divulgación!
Palabras chave
Divulgación; Vídeos