Charla divulgativa: Co-desenhar o nosso futuro

Obxectivo
Joana Magalhães é unha investigadora biomédica portuguesa asentada en Galicia e tamén divulgadora científica e será a responsable do relatorio deste Campus XuvenCiencia 2021.
Lugar de realización
Auditorio da Facultade de Veterinaria
Descrición
Johana Magalhães (Espinho, 1982) é doutora en Bioquímica e Bioloxía Molecular e investigadora no Instituto de Investigación Biomédica da Coruña e no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas. A súa principal liña de investigación é a aplicación da medicina rexenerativa. Así mesmo, realiza un importante labor como divulgadora e comunicadora de actividades de ciencia con perspectiva de xénero. É colaboradora do programa Efervesciencia, da Radio Galega, e forma parte da directiva da Asociación de Mujeres Investigadoras e Tecnólogas. Para o Campus XuvenCiencia 2021 preparou a charla Co-desenhar ou nosso futuro, na que abordará retos sociais actuais e a súa relación con solucións de intelixencia artificial ou prototipado 3D, ademais da necesidade de procesos colaborativos, inclusivos e abertos para resolver estes retos.
Responsable(s)
Joana Magalhães