A01 XuvenFeira: Tecnoloxías do futuro na EPSE. Heroínas con súperpoderes e Aliens & Predators contra pragas de cultivos

Obxectivo
Coñecer as vantaxes do emprego da madeira na construción das nosas cidades e as múltiples posibilidades das que dispoñemos.Aprender a combater os insectos pragas dun xeito respectuoso co medio ambiente producindo e liberando inimigos naturais.
Lugar de realización
Laboratorio de PEMADE e Laboratorio usos múltiples 1A Pavillón IIIDescrición
Aliados naturais no control de pragas
Na agricultura moderna, a loita contra as pragas vai moito máis alá do uso de fitosanitarios químicos. O aproveitamento da fauna auxiliar e a introdución de inimigos naturais permiten un control sostible e eficaz das poboacións de insectos praga. Nesta actividade descubriremos a tecnoloxía detrás da cría, transporte e liberación de milleiros de “micro-Aliens” e voraces “predators” que os técnicos agrícolas levan aos campos, combinando bioloxía e innovación ao servizo da produción agrícola.
Tecnoloxía da madeira: innovación e sustentabilidade
Nesta visita á Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (PEMADE), coñeceremos de primeira man a transformación da madeira local en produtos estruturais de alto valor engadido. Exploraremos os ensaios de laboratorio que avalan a súa calidade, as súas aplicacións e as vantaxes deste material renovable e sostible. Ademais, difundiranse os proxectos de investigación autonómicos e europeos que impulsa a PEMADE, cun enfoque práctico e didáctico para achegar a ciencia e a innovación á sociedade.

