A12 XuvenFeira: Tecnoloxías do futuro na EPSE. Industria 5.0: Como o imperio construíu a Estrela da Morte e Coidadores Robóticos

Obxectivo
Iniciarse no manexo de PLCs mediante a conexión de sensores e actuadores e a creación de programas básicos.
Interactuar cos coidadores robóticos que nos acompañarán no futuro.Lugar de realización
Laboratorio EPSEDescrición
A fabricación da estrela da morte requiriu de tecnoloxía avanzada, coñecida como Industria 5.0, para poder acometer semellante obra. Nesta actividade mergullarémonos na utilización dos autómatas programables ou PLCs. Os PLCs son controladores que se empregan na industria interplanetaria para o control de procesos industriais. Aprenderás a estrutura básica destes trebello, así como, a conexión a distintos tipos de actuadores e sensores. Poderás dar os primeiros pasos facendo algún programa sinxelo que poidas poñer en práctica os coñecementos adquiridos. O imperio precisa de ti!!
A robótica é unha ferramenta común na automatización de procesos industriais que implican tarefas repetitivas ou perigosas. Nos últimos anos, a introdución da intelixencia artificial e da visión artificial no control de robots e automatismos permite unha maior flexibilidade e adaptación destes sistemas a contornos cambiantes. Vén ver como funciona un robot controlado por unha intelixencia especializada en visión artificial e recoñecemento de persoas.
Palabras chave
Industria 5.0, autómatas, sensores, programación, robots