A14 Obradoiro de Videocreación

Obxectivo
Creación audiovisual
Lugar de realización
Auditorio Facultade de Veterinaria
Descrición
Obradoiro centrado na primeira fase da creación audiovisual, isto é, a xeración e desenvolvemento da idea e a escritura ou formulación do guión. Neste obradoiro, buscase principalmente achegar ás persoas participantes certas ferramentas que poidan usar para, por un lado, saber como contar aquilo que se quere transmitir e, por outra, estruturalo dunha maneira clara e concisa, ao tempo diferenciadora e creativa. Ademais, amosaremos de xeito dinámico e distendido cales son os principais fundamentos da linguaxe audiovisual, dando a coñecer conceptos básicos do proceso de gravación e montaxe, mais a nivel narrativo, non técnico. Deste xeito, as participantes poderán pensar de antemán de que xeito queren mostrar aquilo que graven e estruturar mentalmente a montaxe da peza antes de editala. Utilizaremos exemplos próximos aos participantes e referentes que lles resulten coñecidos, coma youtubeirxs, streamers, series actuais, etc.