A10 Detectives de microbios: unha misión polo teu corpo

Obxectivo
Exploraremos os microbios presentes na boca, nariz e orellas, así como antes e despois do lavado das mans, para descubrir cantos hai, como varían e por que é importante hixienizarse.
Lugar de realización
Facultade de Ciencias
Descrición
Neste obradoiro do campamento, converterémonos en auténticos detectives de microbios. A través dunha divertida investigación científica, exploraremos os microorganismos que viven na nosa boca, nariz e fosas nasais. Ademais, observaremos como o feito de lavarse e/ou desinfectarse as mans con alcohol afecta aos microbios presentes nelas. Usaremos placas de cultivo para ver que tipos de microbios aparecen nas diferentes partes do noso corpo, así como antes e despois de lavarnos as mans, e aprenderemos como algúns deles son bos, outros non tanto, e por que é tan importante a hixiene persoal.
A actividade está pensada para espertar a curiosidade, fomentar hábitos saudables e descubrir de forma práctica que é e como funciona a microbiota do noso corpo. Unha maneira diferente e sorprendente de ver o que normalmente non podemos ver! Ademais, os resultados discutiranse en grupo, animando a compartir observacións, formular hipóteses e pensar como verdadeiros científicos. Unha experiencia educativa e entretida para achegarse á microbioloxía dun xeito accesible, dinámico e moi visual.
Palabras chave
Microbiota; hixiene; microbioloxía