A16 XuvenFeira: Tecnoloxías do futuro na EPSE. Aliens & Predators contra as pragas dos cultivos e Coidadores robóticos
Obxectivo
Interactuar cos coidadores robóticos que nos acompañarán no futuro. Aprender a combater os insectos pragas dun xeito respectuoso co medio ambiente producindo e liberando inimigos naturais.
Lugar de realización
Laboratorio usos múltiples 1A Pavillón III, EPSEDescrición
Na agricultura actual as pragas xa non só se combaten con fitosanitarios químicos de síntese; ademais da fauna auxiliar presente nas parcelas podemos introducir todo tipo de inimigos naturais que axudarán a controlar as poboacións non desexadas de insectos praga. Detrás de esas soltas hai unha gran tecnoloxía para a cría, transporte e solta no campo de milleiros de sinistros “micro-Aliens” e voraces “predators”. Os técnicos agrícolas levan esta tecnoloxía ao campo.
A robótica ven sendo unha ferramenta habitual na automatización de procesos industriais que involucren tarefas repetitivas ou perigosas. Nos últimos anos, a introducción da Intelixencia artificial e a visión artificial no control dos robots e automatismos permite unha maior flexibilidade e adaptación destes sistemas a contornas cambiantes. Ven a ver como funciona un robot controlado mediante unha Intelixencia artificial especializada na visión artificial e recoñecemento de persoas.