A16 Ás beiras do río: descubrindo o bosque de ribeira

Obxectivo
Aprender as árbores da vexetación de ribeira. Coñecer a importancia dos ecosistemas de ribeira nos ecosistemas e o concepto de servizos ecosistémicos.Lugar de realización
Paseo do Río MiñoDescrición
Realizarase unha andaina interpretativa polas beiras do Río Miño para descubrir o bosque de ribeira e os seus habitantes. Durante o percorrido, as persoas participantes aprenderán a recoñecer especies características como ameneiros, salgueiros, freixos ou chopos, observando as súas follas, cortizas e adaptacións ao medio húmido.
Tamén se explicará a importancia destes ecosistemas como refuxio para a biodiversidade, protección fronte ás enchentes, mellora da calidade da auga e regulación da temperatura. A través de xogos, observación directa e pequenas dinámicas participativas, comprenderase o valor dos servizos ecosistémicos que ofrecen os bosques de ribeira e a necesidade da súa conservación.
Palabras chave
Bosque de ribeira, biodiversidade, ecosistemas fluviais, servizos ecosistémicos
