A08 Mosquitos e Enfermidades: Convértete nun experto na súa captura e identificación

Obxectivo
Explora a importancia dos mosquitos na transmisión de enfermidades a persoas e animais. Identifica os que transmiten e os que non. Constrúe as túas propias trampas e aprende a identificalos.
Lugar de realización
Pavillón 1 da Facultade de Veterinaria de Lugo
Descrición
Mergúllate no apaixoante mundo dos mosquitos e o seu impacto na saúde animal e humana. Os mosquitos non só son molestos, senón que tamén xogan un papel crucial na transmisión de enfermidades a animais e a persoas. Neste obradoiro aprenderás a separar os mosquitos do resto de dípteros; a identificar diferentes tipos de mosquitos e a recoñecer os mais importantes grazas ás súas características únicas, unha habilidade esencial para tod@ futur@ veterinari@!
 
Na parte práctica, aprenderás a crear trampas con materiais sinxelos e accesibles para capturar mosquitos. Traballarás en equipos para deseñar e construir as túas propias trampas, e logo analizarás os resultados como un verdadeiro científico. Pero iso non é todo, tamén aprenderás a elaborar repelentes naturais e a implementar medidas de precaución para protexer tanto aos animais como ás persoas das picaduras de mosquitos.
Palabras chave
mosquitos, enfermidades, identificación, vectores, trampas