A17 Dío con luz: comunicación con fibra óptica

Obxectivo
Comprender como funciona a transmisión de información a través da fibra óptica e achegar ao alumnado os principios básicos da comunicación mediante pulsos de luz.Lugar de realización
Facultade de CienciasDescrición
Nesta actividade explorarase de maneira práctica como funciona a fibra óptica, tecnoloxía fundamental nas comunicacións actuais. A través dun sistema sinxelo baseado nun código de cores e o uso dunha fibra óptica, as persoas participantes enviarán e recibirán mensaxes en forma de pulsos de luz.
Durante a actividade, explicaranse conceptos básicos sobre a transmisión da información, a velocidade da luz e o funcionamento das redes de comunicación, fomentando a comprensión da tecnoloxía que permite o acceso a internet nos fogares. Todo isto realizarase mediante dinámicas participativas e experimentación directa.
Palabras chave
fibra óptica, comunicación, luz, transmisión de información

