A18 Obradoiro de arqueoloxía e visita guiada ao Museo Universitario da Domus do Mitreo

Obxectivo
Achegar ao alumnado ao mundo da arqueoloxía, comprendendo como se investiga o pasado e valorando a importancia do patrimonio histórico e cultural.Lugar de realización
Museo Universitario da Domus do MitreoDescrición
Nesta actividade o alumnado participará nun obradoiro práctico de arqueoloxía, no que poderá experimentar de forma directa os métodos de traballo empregados nesta disciplina. A través dunha escavación simulada, as persoas participantes descubrirán e interpretarán distintos restos arqueolóxicos, comprendendo como se reconstrúe a vida das sociedades do pasado.
A actividade complétase cunha visita guiada ao Museo Universitario da Domus do Mitreo, onde se coñecerán os principais achados do xacemento e a súa relevancia histórica. Deste xeito, fomentarase o interese polo patrimonio, a súa conservación e o coñecemento da historia local.
Palabras chave
arqueoloxía, patrimonio, historia, escavación