A02 Visita ao Hospital Veterinario Universitario Rof Codina e obradoiros no laboratorio de habilidades clínicas da Visita ao Hospital Veterinario Universitario Rof Codina e obradoiros no laboratorio de habilidades clínicas da Facultade de Veterinaria

Obxectivo
Coñecer un hospital veterinario e “xogar” a ser veterinari@s no laboratorio de habilidades clínicas.
Lugar de realización
Hospital Veterinario Universitario Rof Codina e Laboratorio de Habilidades Clínicas da Facultade de Veterinaria.
Descrición
@s veterinari@s necesitan desenvolver habilidades clínicas para poder desempeñar o seu traballo. Os modelos e simuladores utilízanse cada vez máis para axudar a complementar a súa formación práctica e gañar destrezas antes de realizar os procedementos sobre os animais vivos. Estes modelos e simuladores alóxanse en laboratorios de habilidades clínicas onde os estudantes aprenden nun ambiente seguro e practican varias veces as diferentes técnicas.
Neste taller, poderedes probar as vosas habilidades clínicas rotando por tres estaciones: Diagnóstico por Imaxe (manexo do ecógrafo), Cirurxía (realización de suturas e vendaxes) e Reprodución e Obstetricia (exploración xenital en egua e vaca). Ademais teredes a oportunidade de visitar un hospital veterinario e coñecer da man dos especialistas como se desenvolve o seu traballo diario nos diferentes servizos.