A07 Introdución á danza…xogando con ela!!!

Obxectivo
Experiencia aberta de danza no Espazo de Danza da USC no Campus de Lugo
Lugar de realización
Aula de Danza e Teatro (Facultade de Veterinaria)
Descrición
O Espazo de Danza Universitario (EDU) é un espazo aberto ao estudantado universitario para o desenvolvemento e evolución da danza, un laboratorio de DANZA CONTEMPORÁNEA no que se fomentan as accións formativas e se poñen en escena coreografías enmarcadas neste campo da danza. Así mesmo, canaliza as súas actuacións dentro de espazos escénicos diferentes aos xa establecidos (auditorios, teatros ...) aunándoos en espazos non establecidos (museos, facultades, igrexas, ...). Nas súas montaxes consegue a fusión das artes plásticas coas escénicas e musicais.
Neste obradoiro, a través de pequenos exercicios, xogos e improvisacións, faremos un achegamento ao mundo da danza contemporánea que resultará nunha pequena coreografía.