A14 Obradoiro de Videocreación

Obxectivo
Entrar no mundo da videocreación a través da preparación de guións, da expresión corporal e dos aspectos máis técnicos (imaxe e son).
Lugar de realización
Facultade de Veterinaria
Descrición
Neste obradoiro, analizaremos o proceso creativo dun texto divulgativo, desde a busca bibliográfica en fontes científicas ata a elaboración dunha peza de divulgación. Veremos consellos para a introdución de recursos humorísticos no discurso. Ademais, exploraremos as diferentes posibilidades de levar a cabo un proxecto ou unha idea. Tamén aprenderemos conceptos básicos de gravación e aspectos técnicos de imaxe e de son.