A06 Visita á Domus do Mitreo

Obxectivo
Dar a coñecer un xacemento singular no que se pode percorrer a historia da cidade desde a súa fundación -hai 2000 anos- ata o s. XX
Lugar de realización
Museo Universitario Domus do Mitreo
Descrición
A visita guiada permitirá coñecer un xacemento romano único na historia de Lugo, xa que contén tres elementos relevantes. En primeiro lugar, unha luxosa domus romana da que se conservan algunhas das súas habitacións, o seu peristilo e a súa zona de servizos. En segundo lugar, poderanse ver os restos do templo dedicado ao dios Mitra, un dos poucos conservados na Península Ibérica e, por último, a muralla romana. Neste caso poderase ver como en ningún outro lugar da cidade, ata os seus cimentos, dando unha idea da súa magnitude. Completarase a actividade coa visita á exposición que mostra algúns dos materiais máis interesantes achados na escavación. Entre eles podemos destacar os restos faunísticos do banquete ritual celebrado no templo, moedas, cerámica, e o precioso selo da Vitoria, símbolo do Museo.
Palabras chave
Arqueoloxía, Lucus Augusti, Mitreo, Domus