O Campus de Verán XuvenCiencia inclúe prazas con aloxamento para todo o seu alumnado matriculado!!
A matrícula inclúe o Campus de Verán XuvenCiencia máis o programa Lumieira Acompaña con actividades lúdicas na tarde e noite e pensión completa (almorzo, xantar, cea e aloxamento) desde o domingo 30 de xuño ao sábado 6 de xullo nunha das residencias descritas abaixo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C. Lumieira Lugo.
O fomento da convivencia entre @s participantes, dentro e fóra das actividades científicas, constitúe un dos principais valores que se pretende impulsar dende o Campus.
Dende a organización destácase que máis alá do fomento de vocacións científicas, XuvenCiencia conforma unha oportunidade única para que o alumando coñeza e conviva con xente de toda Galicia e doutras partes do territorio español que nun futuro poden ser compañeiros de carreira. Asemade, o desenvolvemento persoal e a cooperación resultan aspectos fundamentais que dende XuvenCiencia pretenden reforzarse.
O aloxamento forma parte do programa de noite de Lumieira Acompaña.
Lumieira Acompaña
Lumieira Acompaña consta de dúas partes:
- O programa de tarde de 18:00 h a 20:30 h
- O programa de noite con aloxamento ¡para vivir a experiencia dun campamento ao 100%
Lumieira Acompaña inclúe, con acompañamento de monitores titulados, diferentes actividades lúdicas, aloxamento, cea e almorzo en diferentes residencias en Lugo.
A organización corre a cargo da A.D.C. Lumieira Lugo.
Entrada/Saída
Entrada o domingo 30 de xuño, desde ás 18:00 h ata ás 21:00 h na Residencia MiCampus.
Saída o sábado 6 de xullo, desde ás 09:00 h ata ás 10:30 h (saída despois do almorzo, Residencia MiCampus).
Actividades programadas
Nos programas de tarde e de noite ofertámosvos a posibilidade de realizar diferentes actividades (abertas a opinións e opción eventuais, e dependendo das condicións atmosféricas):
A.D.C. LUMIEIRA LUGO
A A.D.C. LUMIEIRA LUGO é unha asociación deportiva encamiñada a dar un servizo aos seus usuarios, na ensinanza e goce de actividades deportivas, culturais e de lecer.
A A.D.C. LUMIEIRA LUGO foi fundada en setembro de 2008 e está inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia (Nº de rexistro: C – 09880) e no Rexistro de Asociacións do Concello de Lugo (Nº de rexistro: 438).
A asociación conta con ampla experiencia en actividades deportivas (Escola de Fútbol Sala e de Atletismo) e na organización do Campamento Urbano Polideportivo, que xa conta con 9 edicións e é todo un referente en Lugo. Nas actividades lúdicas e de acompañamento a Asociación ofrece actividades de lecer, de acompañamento, deportivas e educativas encamiñadas a dar un servizo aos usuarios que así o precisen.
Se tedes algunha dúbida sobre o programa de serán e noite e o aloxamento podedes contactar directamente coa A.D.C. Lumieira (lumieiralugo@gmail.com).
Residencias
Micampus Residencia
Residencia Universitaria Micampus é un espazo dedicado á convivencia e ao estudo, situado en pleno Campus Universitario de Lugo e con todas as comodidades que poidas necesitar.
Nos seus arredores atópanse a Facultade de Veterinaria, a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, a Biblioteca Intercentros e a piscina As Pedreiras. Está situada a dez minutos do centro da cidade e preto de zonas verdes como poden ser o paseo do Miño ou os xardíns do Campus.
https://micampusresidencias.com/residencias-universitarias-lugo/micampus-lugo/
Av. Alfonso X El Sabio nº 12, 27002 Lugo
Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay
A Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay , situada na Estrada da Granxa, 130, é a residencia propia da USC no Campus Universitario de Lugo. Foi rematada no ano 1994 polo Concello de Lugo e cedida á USC no curso 1994/95.
http://www.usc.es/gl/servizos/sur/residencias/balygay/index.html
Estrada da Granxa, 130, 27002 Lugo