Mapa da procedencia do alumnado do Campus XuvenCiencia
Cada estrela indica un lugar (código postal) e a cifra pequena o número de participantes correspondentes.
X Campus de Verán XuvenCiencia 2022 de Lugo
4 ao 9 de xullo de 2022
Realizáronse distintas actividades en diversas áreas do coñecemento para que o alumnado puidera afondar, dun xeito lúdico e práctico, no mundo científico:
90 participantes, (52 mozas e 38 mozos), 16 proxectos, 13 actividades
IX Campus de Verán XuvenCiencia 2021 de Lugo
28 de xuño ao 2 de xullo de 2021
Realizáronse distintas actividades en diversas áreas do coñecemento para que o alumnado puidera afondar, dun xeito lúdico e práctico, no mundo científico.
Memoria do Campus XuvenCiencia 2021 (pdf, 6,3 Mb)
VIII Campus de Verán #XuvenCiencia2020 en Rede,
unha experiencia diferente
29 de xuño ao 3 de xullo de 2020
Foi especial e tamén máis pequeno do que adoita ser habitual. Con todo, o campamento científico da USC en Lugo pescudou sobre a hora solar, analizou se a pandemia ten mudado os hábitos de consumo de alimentos sostibles e mergullouse na divulgación e no xornalismo científicos.
Resumo e dossier de prensa do Campus de Verán #XuvenCiencia2020
VII Campus de Verán XuvenCiencia de Lugo 2019
Do 1 ao 5 de xullo 2019, con 100 alumnos novos e 50 veteranos. 65 obradoiros, visitas e demostracións e 25 proxectos.
Charla Inaugural: O equipo de debate do IES Becerreá de Lugo abriron a VII edición do Campus Científico de Verán XuvenCiencia coa actividade ‘Campións de palabras: exercicio de oratoria competitiva’.
Memoria do Campus XuvenCiencia 2019 (pdf, 5,3 Mb)
Folleto do Campus XuvenCiencia 2019 (pdf)
VI Campus de Verán XuvenCiencia de Lugo 2018
O VI Campus de Verán XuvenCiencia celebrouse do 2 ao 6 de xullo de 2018 e incluíu máis de 65 obradoiros, visitas e demostracións e 28 proxectos, que foron realizados por máis de 150 docentes e persoal técnico de todos os centros do Campus Terra en Lugo. Tamén contou coa colaboración de centros públicos, como o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, o Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, o Arquivo Histórico Provincial de Lugo, o Museo Provincial de Lugo ou o Hospital Universitario Lucus Augusti, e empresas privadas, como AMSlab, Larsa, FINSA, CETAL, ou Xenética Fontao.
As profesoras da USC Ana Daría Ruiz González e Ana Isabel García Arias ofreceron a charla inaugural ‘Unhas pinceladas sobre os incendios forestais en Galicia’.
O alumnado novo pudo elixir entre numerosas actividades nas diversas áreas do coñecemento, como demostracións de química e robótica, talleres de clínica veterinaria, nutrición, roles de xénero, traballo en equipo, técnicas agrícolas, visitas ao Hospital Veterinario Rof Codina ou á Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias.
Para o alumnado veterano elaborouse un programa especial que inclúe novas actividades como a ruta e talleres na Estación de Bioloxía Mariña da Graña, a visita ao Hospital Universitario Lucus Augusti, o taller de modelado e impresión 3D, un taller de drones ou a visita e talleres no Castro de Viladonga.
Para os 150 participantes ofertáronse 28 proxectos científicos que realizaron polas tardes en grupos moi reducidos e que presentaron en forma de vídeo na tarde do venres.
O alumnado de fóra de Lugo contou con aloxamento coa tutela de monitores titulados de la Asociación Lumieira e tamén ofertouse un programa lúdico para todos os participantes á saída do campus, a partir das 18.00 horas.
Album de fotos en flickr Videos en YouTube
Galería de fotos do Campus Xuvenciencia 2018
Galería de fotos do Photocall 2018
V Campus de Verán XuvenCiencia de Lugo 2017
O V Campus de Verán XuvenCiencia incluíu máis de 65 obradoiros, visitas e demostracións e 26 proxectos en todas as áreas do coñecemento, que son realizados por máis de 140 docentes da USC, así como persoal técnico de todos os centros do Campus Terra en Lugo. Tamén conta coa colaboración de centros públicos, como o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, o Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, o Arquivo Histórico Provincial de Lugo, o Museo Provincial de Lugo ou o Hospital Universitario Lucus Augusti, e empresas privadas, como AMSlab, Larsa ou Xenética Fontao.
A xeito de relatorio inaugural, o profesor de física da USC Cibrán Santamarina, ofreceu unha charla divulgativa que se desenvolveu baixo o título ‘Elemental, querido Schrödinger’.
O alumnado novo pudo elixir entre numerosas actividades nas diversas áreas do coñecemento, como demostracións de química e robótica, talleres de clínica veterinaria, nutrición, roles de xénero, traballo en equipo, técnicas agrícolas, visitas ao Hospital Veterinario Rof Codina ou á Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias.
Para o alumnado veterano elaborouse un programa especial que inclúe novas actividades como a ruta e talleres na Estación Científica do Courel, a visita ao Hospital Universitario Lucus Augusti, o taller de modelado e impresión 3D un taller de drones ou a visita e talleres no Castro de Viladonga.
Memoria do Campus XuvenCiencia 2017 (pdf, 2.6 Mb)
Album de fotos en flickr Videos en YouTube
Entrevistas aos monitores do Campus Xuvenciencia 2017
Andrés Manuel Álvarez Constantino – Ana Manuela de Azevedo Gomes – Laila Al-Soufi Novo
Galería de fotos do Campus Xuvenciencia 2017
Galería de fotos do Photocall 2017
IV Campus de Verán XuvenCiencia de Lugo 2016
Memoria do Campus XuvenCiencia 2016 (pdf, 5.4 Mb)
Album de fotos en flickr Videos en YouTube
III Campus de Verán XuvenCiencia de Lugo 2015
Nel participaron 120 rapazas e rapaces de 15 a 18 anos dos institutos de Galicia para afondar, dun xeito lúdico e práctico, no mundo científico.
Memoria do Campus Xuvenciencia 2015 (pdf, 5.4 Mb, Gallego)
Album de fotos en flickr Videos en YouTube
II Campus de Verán Científico-técnico de Lugo 2014
Web: http://www.usc.es/gl/cursos/campcientec
Memoria de Actividades do Campus de Verán 2014 (pdf 4,4Mb, Gallego)
Album de fotos en flickr Videos en YouTube
I Campus de Verán Científico-Técnico de Lugo 2013
Web: http://www.usc.es/gl/cursos/campcientec/Campus2013/index2013.html