Cando e onde ten lugar?
Do 28 de xuño ao 4de xullo 2026 no Campus Universitario de Lugo. Con programa científico de día actividades lúdicas no serán e á noitiña.
A entrada será o domingo 28 de xuño, desde ás 18:00 H ata ás 21:00 H. A saída, o sábado 4 de xullo, desde as 09:00 H ata as 10:30 H. Para garantir o bo funcionamento do Campus de Verán non se permiten entradas e saídas fóra do horario establecido.
Quen pode participar?
O alumnado de 3º e 4º ESO e BAC así como de ciclos medios de FP. A idade máxima é 19 anos.
En que consiste?
O programa do Campus de Verán XuvenCiencia céntrase na realización de proxectos científicos e obradoiros e complétase con outras actividades como xincanas, visitas, concursos, unha festa de despedida… e algunha sorpresa máis!
Ofértanse actividades nos ámbitos científico-técnico e científico-social, así como no campo das artes e das humanidades. O reparto de ditas actividades faise segundo as preferencias que indicades na vosa preinscrición.
A partir das 18:00 participaredes todas e todos en actividades lúdicas dentro do programa Lumieira Acompaña.
Aloxamento
O fomento da convivencia, dentro e fóra das actividades científicas, constitúe un dos principais valores que se pretende impulsar dende o Campus XuvenCiencia e por iso, na edición deste ano, inclúese unha vez máis o exitoso programa Lumieira Acompaña, con actividades para as tardes e noitiñas, e aloxamento en residencias do Campus para todo o alumnado matriculado!
Desde a organización destácase que máis aló do fomento de vocacións científicas, XuvenCiencia conforma unha oportunidade única para que o alumnado coñeza e conviva con xente de toda Galicia e doutras partes do territorio español que nun futuro poden ser compañeiros de carreira. Asemade, o desenvolvemento persoal e a cooperación resultan aspectos fundamentais que desde XuvenCiencia pretenden reforzarse.
O Campus XuvenCiencia ofrécese unicamente en réxime de aloxamento.
Prezo
300 € para o Campus de Verán XuvenCiencia cos programas de serán e noitiña Lumieira Acompaña e con aloxamento.
A matrícula inclúe a participación nas actividades do Campus, o programa de tarde e noite Lumieira Acompaña, o material necesario para o Campus, o seguro, o xantar e almorzo de media mañá nun comedor universitario, así coma o diploma de participación da USC. Ademais, inclúe a pensión completa desde o domingo 28 de xuño ao sábado 4 de xullo (6 noites de aloxamento con almorzo e cea), con acompañamento de monitores titulados da A.D.C. Lumieira Lugo.
Como podo participar?
O proceso consta de dúas fases, a Preinscrición e a Matrícula que explicamos no seguinte:
Preinscrición
Prazo: 8 de maio, 15:30 H ata o 17 de maio, 23:59 H
Enche o formulario de preinscrición nesta páxina web e indícanos as túas actividades preferidas!
Por favor, infórmate sobre as actividades e proxectos na nosa páxina web antes da preinscrición.
Adxudicaremos a metade das prazas na orde da recepción da preinscrición e a outra metade por sorteo entre todo o alumnado inscrito.
Unha vez finalizado todo o proceso de preinscrición e matrícula asignamos os proxectos seguindo as preferencias de cada un/unha e seguindo unha orde aleatoria, non por orde de inscrición. Deste xeito aseguramos a todo o alumnado as mesmas oportunidades de optar aos seus proxectos preferidos.
Se tes dúbidas por favor escribe a xuvenciencia@usc.es
Matrícula
Atento ás listas de cada convocatoria!
Si estás na lista de admitidos/as formaliza a túa matrícula con el formulario electrónico que publicaremos xunto coa convocatoria e realiza nel o pago cunha tarxeta de crédito.
Se non recibimos a túa matrícula no prazo de cada convocatoria, chamaremos ao/á seguinte da lista de agarda.
- Primeira Convocatoria: desde o 20 de maio ata o domingo 24 de maio ás 24:00 H.
Alumnado admitido (pdf)
Alumnado en lista de agarda (pdf)O 26 de maio publicaremos a lista de admitidos da segunda convocatoria.
Atención ás listas! - Segunda Convocatoria: desde o 27 de maio ata o domingo 31 de maio ás 24:00 H
- Terceira Convocatoria: matrícula ata o xoves 4 de xuño ás 24:00 H
Convocatoria de Repesca
Lista definitiva do alumnado matriculado (pdf)
Alumnado admitido (pdf)
A matrícula do Campus de Verán XuvenCiencia 2026 está completa.
Non se admitirán matrículas de persoas non admitidas nin se lles devolverá a cota pagada.
Información para as familias
Durante a semana previa ao inicio do Campus, as familias recibirán un correo electrónico con toda a información práctica necesaria para a participación (horarios de entrada e recollida, documentación, material necesario e outros aspectos organizativos).
Preguntas e respostas sobre o proceso de preinscrición y matrícula
Ambos formularios, preinscrición e matrícula, publícanse nesta web.
Soamente alumnado preinscrito e admitido pode matricularse.
No formulario de matrícula da USC debe identificarse o alumnado maior de idade ou o seu pai/nai/titor se é menor de idade. O formulario permite diferentes métodos de identificación: credenciais para persoal da USC, certificados electrónicos e DNIe, Cl@ve, e contas de Google ou Microsoft. Para acceder a estes métodos de identificación baixa na páxina de matrícula.
Realizas o pago da cota durante a matrícula e unicamente con tarxeta bancaria. O prazo de pago acaba ao final de cada fase de matrícula. Lembra que a matrícula soamente é válida co pago da cota. Se tes problemas co proceso de pago, consúltanos en xuvenciencia@usc.es
Xa case estás. Imprime e asina o documento de autorización (a páxina 4 da solicitude en PDF que xera o formulario de matrícula) e gárdao para a súa entrega na entrada do Campus.
En xuño enviarémosche máis información sobre o Campus e o aloxamento. Se tes dúbidas, pregunta en xuvenciencia@usc.es
Asignaremos os proxectos unha vez completada a matrícula. Na entrada ao Campus recibirás o teu portanome coa información sobre o teu proxecto.
Podes ver e descargar as solicitudes presentadas entrando nesta ligazón https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/persoais/solicitudes/acceso.htm co mesmo certificado ou identificación que usaches durante a matrícula. Se tes problemas para acceder, podemos enviarche por correo o CSV do xustificante da solicitude.
Se entras na ligazón https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/persoais/solicitudes/acceso.htm co mesmo certificado que usaches durante a matrícula, poderás ver a solicitude e tes acceso á pasarela de pago.
Con todo, esa ligazón non permite identificarse con redes sociais. Neste caso identifícate primeiro no propio formulario de matrícula por redes sociais, pero en vez de encher os datos abre a ligazón de solicitudes https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/persoais/solicitudes/acceso.htm para acceder á pasarela de pago.
Se todo falla, enche de novo o formulario de matrícula cos teus datos, realiza o pago e, por favor, avísanos por correo electrónico do dobre envío.
Pero ten en conta que debes realizar o pago no prazo da convocatoria na que fuches admitido. Unha vez pasado o prazo, sortearemos a túa praza entre o alumnado da lista de espera.
Se tes dúbidas coa matrícula por favor escribe a xuvenciencia@usc.es
No caso de que se produza unha renuncia, esta deberá formalizarse por correo electrónico (xuvenciencia@usc.es), indicando os motivos.
Aplicaranse as seguintes condicións:
- Antes do peche da segunda fase de matrícula (1 de xuño inclusive)
Tras a presentación da renuncia e a súa validación pola coordinación do Campus XuvenCiencia, os servizos da USC efectuarán a correspondente transferencia bancaria á conta utilizada no pago, reembolsándose o importe total da cota abonada, menos 10 euros en concepto de gastos de tramitación. - Tras o peche da segunda fase de matrícula e ata unha semana antes do Campus (do 2 ao 21 de xuño, ambos inclusive)
Tras a presentación da renuncia e a súa validación pola coordinación do Campus XuvenCiencia, os servizos da USC efectuarán a correspondente transferencia bancaria á conta utilizada no pago, reembolsándose o 50 % da cota abonada. - A menos dunha semana do Campus (a partir do 22 de xuño)
Non se devolverá a cota abonada.
Réxime Interno do Campus XuvenCiencia
Descarga aquí o réxime interno.
Preguntas e respostas sobre o Campus XuvenCiencia
Non!!! entre os proxectos e actividades ofertamos opcións vencelladas ás Ciencias Sociais e ás Artes e Humanidades.
Adxudicaremos a metade das prazas na orde da recepción da preinscrición e a outra metade por sorteo entre todo o alumnado inscrito.
Cando vos preinscribades no Campus teredes puntuar as seguintes actividades segundo as vosas preferencias:
Proxectos (Martes, Mercores e Xoves pola mañá)
…
Visitas e obradoiros (Martes e Mércores pola tarde e Venres pola mañá)
…
Consulta a web para saber o que se fai en cada actividade.
A entrada será na residencia MiCampus (na contorna do Campus de Lugo da USC) o domingo 28 de xuño, de 18.00 a 21.00 h, e a saída, na mesma residencia, o sábado 4 de xullo, de 9.00 a 10.30 horas.
O Campus XuvenCiencia só se oferta con aloxamento e pensión completa en residencias e comedores do Campus de Lugo. Entre ti e mais eu: a ciencia está xenial, moi, moi ben, pero a convivencia…



