Seremos correspondentes oficiais do Campus de Verán XuvenCiencia 2026.
Coñecer o valor dos métodos exploratorios de diagnóstico e das análises clínicas como ferramentas para valorar o estado de saúde dos animais e o diagnóstico das enfermidades.
Coñecer algunhas das técnicas empregadas nos laboratorios necesarias para a investigación da causa da morte en animais
“Open-Source Hardware”. Faino ti mesmo!
Como clonar unha árbore a partir dun fragmento minúsculo? Semella maxia, pero é ciencia
Aprender os fundamentos da electrónica, a programación e o control automático construíndo e adestrando un robot de sumo capaz de detectar o seu opoñente e desprazalo fóra da area de xogo.
Deseñar e executar un mini estudo experimental de comportamento de consumidor sobre alimentos, centrado en produtos lácteos de consumo cotián
Este proxecto pretende facer unha inmersión total na vida diaria dun hospital veterinario e participar en cada unha das actividades que facemos no día a día.
Coñecer como se coidan as vacas e entender a importancia do seu comportamento para garantir o benestar animal. O alumnado aprenderá a valorar o proceso de produción do leite e como chega ás nosas casas dentro dunha cadea de produción sostible.
Imos descompoñer auga tanto por vía fotoquímica como electrolítica.
Experimentar con distintos recursos e metodoloxías activas que se empregan na didáctica da expresión corporal, da matemática e das ciencias experimentais.
Coñecer os medios, técnicas e contornas nos que os profesionais sanitarios coidan da saúde das persoas.
Coñecer as “tripas” dun Arquivo Histórico.
Coñecer algunhas das técnicas empregadas nos laboratorios que son necesarias para a detección de bacterias e virus que provocan enfermidades nos animais
Manexo no laboratorio do peixe cebra, un organismo modelo en experimentación, e coñecemento das súas aplicacións na investigación do cancro e das enfermidades raras. Aplicación do DNI xenético para a identificación de individuos e a resolución de paternidades en acuicultura.
Deseñarás e construirás unha mesa vibratoria para estudar o comportamento dinámico das estruturas