P10 Fotosíntese artificial. Na procura de novas fontes enerxéticas

Obxectivo
Imos descompoñer auga tanto por vía fotoquímica como electrolítica.
Lugar de realización
Laboratorio QIBioCAT – Catalizadores Biomiméticos da Facultade de Ciencias
Descrición
A fotosíntese é o proceso polo cal as plantas verdes obteñen a súa fonte de enerxía mediante unha cadea de reaccións que comeza co uso dos fotóns de luz solares para a fotólise da auga. No laboratorio dispoñemos de compostos metálicos complexos, deseñados, obtidos e caracterizados no seo do grupo de investigación; neste proxecto imos utilizar estes complexos metálicos para descompoñer cataliticamente a auga, tanto por vía fotoquímica (aplicando radiación luminosa intensa e medindo o osíxeno liberado) como nunha cela electrolítica (utilizando unha corrente eléctrica como fonte enerxética para producir hidróxeno). Deste xeito buscamos mimetizar artificialmente o proceso fotosintético natural.
Palabras chave
química, novas enerxías