P05 Árbores en tubos de ensaio

Obxectivo
Como clonar unha árbore a partir dun fragmento minúsculo? Semella maxia, pero é ciencia
Lugar de realización
Laboratorio de Micropropagación da EPSE
Descrición
O cultivo in vitro, é dicir, en pequenos recipientes de vidro, permite obter copias de árbores xeneticamente idénticas en grandes cantidades, nun tempo moi curto e nun espazo moi reducido. Neste proxecto aprenderemos a preparar medios de cultivo e obteremos novos fragmentos a partir de cultivos de carballo e castiñeiro cultivados in vitro, que introduciremos en tubos de ensaio que conteñen o medio que preparamos, traballando en condicións estériles, baixo unha cámara de fluxo laminar de aire. Eses fragmentos, tras un mes de cultivo nunha cámara de crecemento, terán xerado novos brotes e/ou raíces.
Palabras chave
cultivo in vitro, clons, hormonas vexetais