P09 CowTalk: Descubrindo as emocións e o comportamento das vacas

Obxectivo
Coñecer como se coidan as vacas e entender a importancia do seu comportamento para garantir o benestar animal. O alumnado aprenderá a valorar o proceso de produción do leite e como chega ás nosas casas dentro dunha cadea de produción sostible.
Lugar de realización
Granxa Gaioso Castro
Descrición

Neste proxecto visitaremos á granxa Gaioso Castro para observar e comprender como se comporta unha vaca en diferentes situacións. En sistemas de estabulación, as vacas precisan establecer relacións sociais, crear vínculos, recoñecer a súa xerarquía e dispoñer dun espazo seguro que lles permita manter o seu equilibrio emocional e físico.

A través da observación directa dos animais, da elaboración de etogramas e doutras probas sinxelas de avaliación do benestar, responderemos a seguintes preguntas: que significa o benestar animal, que coidados necesitan estes animais de produción, cales son as necesidades fisiolóxicas e emocionais das vacas, como inflúe as relaciones sociais nas vacas ou que estímulos do seu entorno lles axuda a estar máis tranquilas, entretidas e saudables.

Tamén se abordarán cuestións medioambientais, destacando como os pequenos xestos no consumo diario poden contribuír a coidar a natureza e reducir o impacto ambiental.

Buscarase promover valores como a empatía, a responsabilidade e o respecto pola vida dos animais de produción. Ademais, resulta de especial interese concienciar aos asistentes de que nas granxas se promove o benestar animal desde unha perspectiva ética e tamén produtiva, poñendo en valor que o coidado axeitado dos animais mellora tanto a súa calidade de vida como a eficacia e sustentabilidade do sistema produtivo.

O proxecto finalizará resolviendo esta pregunta: “Se puideses inventar un “xoguete” ou obxecto especial para vacas, que farías e como axudaría ao seu día a día?”. Así, os alumnos deseñarán un elemento de enriquecemento ambiental para tenreiros ou vacas, aplicando os coñecementos adquiridos.

Palabras chave
Veterinaria; benestar animal, etoloxía