P04 Aqualab. Sistema de monitorización ambiental con arduino
Obxectivo
“Open-Source Hardware”. Faino ti mesmo!
Lugar de realización
Laboratorio de Hidráulica e Hidroloxía. Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Descrición
Usando “hardware” de fonte aberta arduino e tamén sensores ambientais de baixo custe, imos rexistrar parámetros do noso medio ambiente: temperatura, humidade do aire, etc. Un sensor diranos canta auga hai no solo e tamén aprenderemos a calibrar un sensor de contido de auga no solo, comparando os datos medidos de contido de auga no solo coa saída do sensor.
Falaremos da programación da placa para o rexistro de datos en continuo, que permitirá accións como acender un ventilador cando se supere unha determinada temperatura límite, usando un relé.
Tamén veremos como conectar o arduino a unha instalación de enerxía solar autónoma para alimentar a placa arduino e os sensores. O equipo de alimentación eléctrico está composto por unha placa solar, unha batería e un regulador de voltaxe.
Palabras chave
hardware, temperatura, humidade