P07 O que ves, o que elixes. Laboratorio de decisión de compra alimentaria

Obxectivo
Deseñar e executar un mini estudo experimental de comportamento de consumidor sobre alimentos, centrado en produtos lácteos de consumo cotián
Lugar de realización
Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Descrición
Cres que elixes un alimento polo que leva… ou por como cho presentan? Neste proxecto vas investigar como cambian as túas decisións de compra cando cambia o envase, o nome, o prezo visible ou a información que aparece no frontal dun produto alimentario. Deseñarás, xunto co teu equipo, un pequeno experimento de consumidor, crearás distintas propostas de presentación para un mesmo alimento e comprobarás como varían a percepción, a confianza e a elección entre mozas como ti. Para iso usarás formularios dixitais, recollerás datos reais e aprenderás a analizalos con porcentaxes, medias e gráficos sinxelos. Ademais, traballarás unha idea clave en márketing alimentario: distinguir entre informar, persuadir e confundir. O proxecto terminará cunha peza audiovisual breve na que contarás, de forma clara e creativa, que fixestes, que descubristes e por que non sempre eliximos tan libremente como pensamos. E, de paso, poderás achegarche a campos profesionais como o márketing, a investigación de mercados, a comunicación, ou a análise de datos.
Palabras chave
Comportamento do consumidor, márketing, consumo alimentario