P07 Luz, cor e vida

Obxectivo
Ciencia con luz! Descubre como ver o invisible: minerais no sangue, azucres nas bebidas… e ata o grosor dun pelo.Lugar de realización
Facultade de CienciasDescrición
Sabías que coa luz se poden facer análises bioquímicas sen necesidade de facer probas complicadas? Neste proxecto exploraremos como distintas técnicas ópticas, empregadas en laboratorios de bioquímica e saúde, nos permiten coñecer a composición de líquidos biolóxicos e alimentos.
O primeiro día usaremos a cor —a fotometría— para medir canto calcio hai na sangue, e descubriremos por que é tan importante este mineral e como detectamos a súa presenza. O segundo día traballaremos coa luz polarizada para determinar a concentración de azucre en bebidas como refrescos, viños ou zumes, unha análise importante tanto para o control da calidade como para cumprir coas normativas nutricionais e sanitarias. E no terceiro día exploraremos o mundo microscópico: a luz tamén nos axuda a medir cousas tan pequenas como o grosor dun pelo ou dunha célula.
Se che interesa a bioquímica, a saúde ou a ciencia do que non se ve a simple vista, este proxecto é para ti. Anímate a descubrir como a luz nos axuda a entender mellor a vida.
Palabras chave
Luz, Cor, Bioquímica, Física



