Como quen oe chover. O clima, o tempo e as súas ligazóns coa historia, lingua, cultura pop e artes

Obxectivo
De que falamos cando falamos do tempo? De que xeito inflúen os fenómenos meteorolóxicos e os ciclos estacionais na nosa lingua e tradicións? Como teñen intervido as mudanzas do clima e do tempo nos acontecementos históricos e socioeconómicos, no desenvolvemento tecnolóxico, nas artes? Que nos contan as cancións do verán?
Descrición
Este proxecto XuvenCiencia fará un repaso pola fraseoloxía e o refraneiro meteorolóxico galego, pero tamén acudirá á cultura pop máis actual. Retrocederá no tempo ata o Óptimo Climático Medieval e a Pequena Idade de Xeo da Idade Moderna. Finalmente, mergullarémonos en 1816, seguiremos o efecto dominó que este chamado Ano sen Verán provocou na xeopolítica e na economía internacionais e descubriremos a súa importancia nas expedicións polares e no nacemento de novos xéneros literarios, como a ciencia ficción.