5W Obradoiro de xornalismo

Obxectivo
Coñeceremos os segredos da comunicación científica, crearemos contidos exclusivos para o Magacine XuvenCiencia e seremos correspondentes oficiais do Campus de Verán XuvenCiencia 2021.
Lugar de realización
Campus XuvenCiencia
Descrición
O 5W Obradoiro de xornalismo XuvenCiencia funcionará como unha pequena redacción, coas súas reunións de temas de interese e os seus horarios de peche. Coñeceremos os xéneros informativos e os rudimentos da divulgación científica e teremos que elaborar contidos con criterio xornalístico para o Magacine XuvenCiencia, unha revista online que será o único medio de comunicación oficial do Campus. Aprenderemos que son a pirámide invertida e as 5W. Elaboraremos noticias, entrevistas, reportaxes ou infografías e relataremos todo o que acontece nas excursións e nas actividades de tarde. Cada un dos nosos e as nosas xuvenreporteiras seguirán polo miúdo dous dos dez proxectos que se desenvolven no Campus para contarnos todos os detalles de xeito ameno e rigoroso. O Obradoiro de xornalismo pretende ser os ollos (e as orellas) do Campus de Verán XuvenCiencia 2021.
Palabras chave
Xornalismo; Magacine; Comunicación científica;