P07 Converte unha idea en realidade a través do modelado e a impresión 3D

Obxectivo
Converterás unha idea nun obxecto real a través do modelado dun corpo tridimensional mediante software de uso cotiá no mundo da enxeñaría. Posteriormente procederás ao seu tratamento para a impresión nunha impresora 3D e obterás dito obxecto.Lugar de realización
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría – Campus de LugoDescrición
Os modelos 3D son figuras virtuais tridimensionais, que poden facerse a escala e representar fielmente a realidade. Hoxe en día empréganse en multitude de campos (enxeñaría, medicina, veterinaria, arquitectura, moda, automoción, videoxogos, deporte...). Cada vez existen máis ferramentas informáticas que axudan á creación e ó desenvolvemento destes modelos, que non son outra cousa que a expresión das nosas ideas para resolver problemas cotiás.
Mediante a impresión 3D pódese así mesmo materializar practicamente calquera destes modelos, convertendo esas ideas en realidades.
Ven a esta actividade e aprenderás as bases para manexar software que che permitirá modelar graficamente algún obxecto sinxelo e facer posteriormente a súa impresión 3D, para que te leves para casa o resultado do teu traballo, para que te leves a túa “idea convertida en realidade”.
Palabras chave
Impresión 3D; Enxeñaría