Estratexias para o desenvolvemento dunha idea

Obxectivo
Traballaremos en equipo para a creación dun produto innovador e a súa promoción a partir de estratexias de márketing e publicidade.
Lugar de realización
Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Descrición
A través da técnica de Design Thinking realizarase un traballo en equipo para xerar unha idea/solución a partir dunha necesidade ou problema detectado. Traballarase en equipos ou grupos para seleccionar as mellores ideas a través de tres fases: inspiración, ideación e posta en marcha. Os e as participantes realizarán un proceso de xeración e filtrado de ideas, traballarán o concepto da idea seleccionada, valorarán a súa viabilidade, procederán o deseño e prototipado do produto e desenvolverán as estratexias de comercialización do mesmo. Como publicitamos a nosa idea a través dun anuncio? Abordaranse as diferentes fases polas que se pasa na creación do anuncio, tales como a definición do problema, a selección do público obxectivo, as estratexias de comunicación, a creación do guión gráfico e a propia elaboración do anuncio.