Determinación de proteínas mediante o método de Lowry e análise mediante electroforese

Obxectivo
Imos cuantificar proteínas en diferentes mostras mediante un método colorimétrico e analizalas mediante unha técnica de laboratorio chamada electroforese en xel de poliacrilamida
Lugar de realización
Facultade de Veterinaria
Descrición
O método de  Lowry serve para analizar colorimetricamente  a cantidade de proteína presente en diferentes mostras biolóxicas; sendo a súa sensibilidade e a súa sinxeleza a base do seu éxito. Para a realización do experimento utilizaranse micropipetas de 3 rangos diferentes e un  fotómetro “de peto”.
Despois analizaranse as proteínas das mostras mediante unha técnica chamada electroforese. Para iso, hai que construír previamente un xel de poliacrilamida, onde se levará a cabo a separación das diferentes proteínas.
Palabras chave
Bioquímica; Proteínas; Fotometría; Electroforese