P06 Controla e adestra robots!

Obxectivo
Aprender os fundamentos da electrónica, a programación e o control automático construíndo e adestrando un robot de sumo capaz de detectar o seu opoñente e desprazalo fóra da area de xogo.Lugar de realización
Aula de Informática da Escola Politécnica Superior de EnxeñaríaDescrición
Un robot de sumo é un dispositivo deseñado para a vitoria: unha estrutura compacta e poderosa para localizar ao seu rival e desprazalo da area de xogo... ¡unha fazaña técnica onde se funden a potencia, a detección e algoritmo!
Durante esta actividade de tres días:
- Día 1: Introducirémonos na electrónica básica e na programación dun microcontrolador, adquirindo as ferramentas necesarias para controlar sensores sensores ópticos e de distancia e motores.
- Día 2 : Cada participante deseñará o corpo ou chasis do seu robot, que será recortado cunha cortadora láser ou impresora 3D e posteriormente montado.
- Día 3: : Configuraremos o programa de combate do robot para que localice ao rival e execute manobras de empuxe, experimentando de primeira man como se optimiza un sistema de control autónomo.
Para pechar a xornada, celebraremos unha competición final onde o robot máis forte se alzará coa vitoria e un premio especial para o seu creador!
A través desta experiencia práctica, mergullaraste no mundo da robótica, da enxeñaría e do control, vendo como conceptos abstractos convértense nun robot real, funcional e sorprendente.
Palabras chave
Robótica; Enxeñaría; Control automático; Microcontrolador; Péndulo invertido; Electrónica; Deseño dixital


