P12 Enfermaría, farmacia e medicina: traballando pola nosa saúde
Obxectivo
Coñecer os medios, técnicas e contornas nos que os profesionais sanitarios coidan da saúde das persoas.Lugar de realización
Hospital Universitario Lucus Augusti | Escola Universitaria de EnfermaríaDescrición
Neste proxecto desenvolveranse actividades que mostren o coidado da saúde nas persoas. Participaremos no desenvolvemento da toma de constantes vitais, realización de probas diagnósticas, manexo de materiais cirúrxicos para a realización de curas, administración de medicación subcutánea e control de sueroterapia, con contido teórico e práctico mediante simulación clínica; isto permitiranos coñecer a situación clínica das persoas e a actuación en determinadas situacións onde hai alteración do estado da saúde.
Visitaremos espazos hospitalarios onde se realizan a preparación de medicación e nutrición parenteral, así como o acondicionamento e distribución de medicamentos para pacientes hospitalizados, pacientes ambulantes, e persoas intitucionalizadas en centros sociosanitarios da área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; así como os laboratorios de análises clínicas, lugar onde se procesan mostras sanguíneas para poder diagnosticar enfermidades, comprobar a toxicidade de determinados tratamentos, realización de ensaios clínicos con medicamentos, entre outras accións.
Realizaremos simulación clínica en primeiros auxilios, onde practicaremos reanimación cardiorrespiratoria básica, resolución da obstrución da vía aérea, contención de hemorraxias externas, actuación fronte a picaduras e mordeduras de animais, actuación ante un politraumatizado; e levaremos a unha actividade práctica de realización de suturas cutáneas en tecidos orgánicos.
Palabras chave
Enfermaría; Farmacia; Medicina; laboratorio; análises clínicas; medicamentos; primeiros auxilios; saúde